venres, 31 de maio de 2019

BONOS TROCOFROITAS

Olaaaaaaa! Xa pasou moito tempo, pero de igual modo na escola cada ano seguimos tomando froita dentro do Plan Proxecta.
Este ano teremos dúas semanas na que nos recreos haberá froita. Serán: mazá, plátano, clementina, pexego, ameixa, uvas, kiwi, pera, sandía e piña. UMMMMMM!!!! que boas están !

A proposta será que teredes que completar o froitómetro comendo cada día unha froita, a cambio recibiredes un bono trocofroita por cada día que no recreo tomedes a peza de froita. Estes serán os bonos que poderedes canxear na clase. Animádevos a participar!!!


mércores, 15 de xuño de 2016

Estampados con froita.


             Estampados con froita.

Resultado de imagen de manualidades con frutas
1. Primeiro cortamos unha froita pola metade.
2. Despóis cubrimos de pintura (mellor acrílica) a parte cortada.
3. Por último plasma a parte pintada onde queiras.                                
                    Xa está o noso estampado!

CURIOSIDADES SOBRE A FROITA



CURIOSIDADES  SOBRE  A  FROITA

Hoxe vouvos a dicir unhas curiosidades sobre a froita.

1. Mazá .

Sabias que as mazás flotan na auga porque están constituídas nun 25% por aire.

2. Banana dixestiva.

Unha vez inxeridas, as bananas teñen un efecto antiácido natural. Así que, a próxima vez que experimentes acidez, acode a esta froita!

3. Pura semente.
Os amorodos é a única froita que ten as sementes no seu exterior e, pode chegar a ter ata 200!

4. Moitas mazás.

Unha maceira pode chegar a producir ata 400 mazás por ano.

5. Recipiente de auga.
Hai moitos anos, as cascas de sandía eran utilizadas para transportar auga durante expedicións longas.

6. A froita favorita.

O mango é a froita máis elixida do mundo. E non só dentro da raza humana. Os chimpancés prefírena!

7. Unha bomba de vitamina C.

O kiwi contén o dobre de vitamina C da que posúe unha laranxa.

8. Prevención de aborto.

O consumo regular de froitas e verduras durante o embarazo pode diminuír os riscos de aborto espontáneo ata nun 50%.

9. Gran variedade.

Hai máis de 7 mil tipos de mazás diferentes ao redor do mundo.

10. A maduración da piña.

Podes acelerar a maduración da piña, dándoa volta. É dicir, apoiándoa sobre o extremo no que nacen as follas.

11. Gran desinfectante.

Polo seu alto contido de ácido, o limón pode matar bacterias. Por este motivo, representa un excelente desinfectante natural.

12. A primeira froita.
Máis dun horticultor sospeita que a banana foi a primeira froita en nacer sobre a face deste planeta.

13. Maior nutrición.

Varios estudos demostraron xa que o aguacate é a froita máis nutritiva do mundo.

14. Calcio froiteiro.

Media cunca de figos contén tanto calcio como media cunca de leite.

15. A orixe do azul mariño.

Tempo atrás, era o mollo de moura o que se empregaba para tinguir a roupa das tonalidades azul mariño e índigo.

16. A cor.

As froitas vermellas fortalecen a saúde cardíaca; as verdes, o sistema óseo, e as azuis e moradas, a memoria.

17. A identidade do tomate.

Contrariamente ao que a maioría da xente cre, o tomate NON é un vexetal, senón unha froita.


E ATA AQUI OS CONSELLOS ESPERO QUE VOS GUSTEN. ATA A PRÓXIMA





UN BUFO E UN CUCO

ACTIVIDADES DIVERTIDAS COAS FROITIÑAS

COMO PODES FACER AVES DE FROITA

INGREDIENTES:
PARA O BUFO:
UNHA SANDÍA.
UVAS .
E SERVE CALQUERA MONDA.POR EXEMPLO DE LARANXA



INGREDIENTES:
DO CUCO
 UN POMELO
MEDIA MAZÁ
UN MELÓN 
UVAS

                                                                        

The apple who wished to be a star


martes, 14 de xuño de 2016

Os nenos de segundo regálannos un conto


Recibimos un agasallo dos nosos/as afillados/as de 2º. Enviáronnos esta nota:

Estimados madriñas e padriños:

Despois da vosa amable colaboración quisemos facervos un novo agasallo no noso conto. Estamos moi contentos/as dos nosos padriños e madriñas  así que esperamos que vos guste a nosa pequena sorpresa!
                                                               Un saúdo
                                                                  Os/as vos@s afillad@s​​

Se queredes ver o conto premede no título       LEMÓN LIMÓN